• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

APOIO EMPRENDEMENTO EN ECONOMIA SOCIAL

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través dos seguintes programas:

Programa I.- Fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, persoas traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba.

SUBVENCIONS A CREACION DE NOVAS EMPRESAS

Xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, persoas con discapacidade, e en risco de exclusión social, apoiando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con especial atención ós concellos do rural galego: Subvención á xeración de emprego estable; subvención para a formación; subvención para o inicio da actividade; subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

PROGRAMA DESEÑA PEME

Concesión de axudas ó deseño, da Axencia Galega de Innovación, dirixidas ó financiamento de actividades incluídas no proxecto de deseño para a innovación, relativas ó deseño de produto, de servizos, experiencias, e deseño de marca e identidade corporativa, e estean en liña coas prioridades establecidas na RIS 3 para Galicia. As axudas concedidas no marco desta resolución axustaranse ó establecido no Regulamento UE número 651/2014

FINANCIAMENTO IGAPE-PEMES

Apoio ó acceso do crédito das PEMES , instrumentado mediante convenio de colaboración entre o IGAPE, as Sociedades de Garantía Recíproca, e as entidades de crédito adheridas, que se  desenvolve nas liñas de financiamento específicas seguintes:

1.- Préstamos avalados para o crecemento das PEMES (Reaval crecemento)

2.- Operacións avaladas para o financiamento do tráfico comercial  (Reaval funcionamento)

PROGRAMA TALENTO

Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para facilitar un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego a persoas menores de 30 anos, facilitando a súa inserción laboral, e dotándoas de competencias para o emprego, coa finalidade de promover a súa empregabilidade e a retención do talento xoven. Neste programa hai dúas liñas:

Novo servizo de asesoramento para impulsar e apoiar iniciativas empresariais de economía social

Esta iniciativa de apoio, posta en funcionamento e consolidación de proxectos de economía social prestará un servizo de consultaría especializa, tanto por medios telemáticos como presenciais, centrado na posta marcha de proxectos empresarias de economías social e en Plans de Reactivación Económica de empresas de economía social xa en funcionamento.

 

Igualmente, prestarase asesoramento a aqueles proxectos que decidan transformar o seu actual modelo empresarial nun modelo de economía social.

 

Axudas para a reforma de locais de negocio e incorporación de maquinaria e equipos para a posta en funcionamento de novas liñas de negocio e/ou ferramentas de xestión empresarial

A finalidade destas axudas é fomentar a realización de novos proxectos de negocio e iniciativas de mellora da competitividade por parte do empresariado do territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte mediante axudas a fondo perdido ao investimento no que incorren estas iniciativas no lanzamento de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial. Adícase a esta convocatoria un volume de fondos de 40.000€.

Incentivos á contratación na empresa ordinaria

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  • Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.
  • Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.