O turista cambiou, está hiperconectado, esixe interacción co hotel e o destino. Por tanto, as habilidades dixitais débense ter en conta á hora de captar o talento, aínda que sexa para un posto de botóns ou para o departamento de recepción.
Segundo o estudo «Repostando hacia el futuro», obra da consultora especializada Cambridge Econometrics, mellorar a eficiencia dos turismos e o uso de vehículos cero emisións (eléctricos e de hidróxeno) non só diminuirá as emisións de CO2 senón que, a nivel nacional, os beneficios desta transición estímanse nun incremento do PIB de 3.191 millóns de euros.
A Comisión Europes renovou a iniciativa «escaleira de excelencia» para seguir facilitando axuda e coñecementos técnicos individualizados ás rexións que se quedaron atrás no que se refire á innovación. Esta iniciativa axudará ás rexións para desenvolver, actualizar e perfeccionar as súas estratexias de especialización intelixente —é dicir, as súas estratexias rexionais de innovación baseadas en ámbitos especializados de solidez competitiva— antes mesmo do inicio do período orzamentario 2021-2027. Tamén lles axudará a identificar que recursos da Unión son adecuados para financiar proxectos innovadores e a formar equipo con outras rexións que teñan puntos fortes similares para crear agrupacións de innovación.
Un mes pasou xa desde que a lei europea de protección de datos, a RGPD, púxose en marcha e facer o primeiro balance do que está a supoñer e do impacto que está a ter para as marcas e as empresas deixa xa un dato preocupante para elas.
"Cazar paxaros", a actividade económica asociada á recuperación e carga eléctrica de patinetes en aluguer, que empeza a resultar viable como traballo.
As tecnoloxías de voz seguen dando cifras de crecemento. Segundo un informe de Pindrop, o uso estas triplicarase durante o próximo ano na empresa. O 85% das persoas enquisadas en todo o mundo sinalaron que están a planear implementar algún tipo de tecnoloxía de voz para comunicarse de maneira máis efectiva cos seus clientes.
Unha das cuestións que foron deixando claro os diferentes estudos sobre como consomen as personas e sobre o que esperan dos espazos e zonas vinculados ao consumo é que as expectativas xa non son agora o que eran antes. Poida que antes as tendas e os demais escenarios vinculados ao consumo e as compras vísense como un espazo para simplemente acceder aos produtos e no que o importante era o momento mesmo da compra e adquisición.
Adecco e a súa división Adecco Outsourcing consideran que durante a campaña deste verán crearanse 1.459.700 de postos de traballo, o que supón un incremento do 12% con respecto a 2017.
Marta Lois, concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo; Berta Álvarez-Buylla, responsable do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, e Matilde Rodríguez Domínguez, co-organizadora da Galicia Maker Faire presentaron a IV edición do evento, que se celebrará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura do 23 ao 25 de novembro
Esta mañá botaron a andar os Batidos Sinérxicos de Economía Social, encontros mensuais enmarcados no programa Compostela Móvese con S de Social 2018. Trátase de sesións temáticas que se celebrarán en diferentes espazos da cidade e que teñen como obxectivo deseñar ferramentas e accións vinculadas á economía social. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participou hoxe na primeira das xuntanzas, na sede de Miraxe, Sociedade Cooperativa Galega.







