• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa cuarta xuntanza que se centrará na xestión sostible dos recursos e na economía circular como un dos eixos de futuro, recollidos na Axenda Urbana 2030 compostelá. Este novo encontro terá lugar o vindeiro martes, 16 de maio ás 10:00 horas no Mercado Galego da Creatividade e a inscrición xa esta aberta para todas as persoas interesadas.

Etiquetas:
novas , economía circular , Encontro Emprendedores , Axenda Urbana de Santiago de Compostela , sostibilidade , recursos

O vindeiro 15 de maio o Concello de Santiago súmase á celebración do Día Internacional da Luz cun paseo nocturno para que a cidadanía poida reflexionar sobre o impacto da iluminación na paisaxe nocturna da vila. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de maio.

Etiquetas:
novas , programa Slowlight , APDI , Ferrovial , Televés , paseos nocturnos

A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, deu luz verde ao procedemento aberto de adxudicación da "Dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de mellora de eficiencia enerxética do alumeado público exterior do Concello de Santiago de Compostela", que conta cun orzamento base de licitación de 337.312,50 euros para os anos 2023 e 2024.

Etiquetas:
novas , Licitación , alumeado , exterior , eficiencia enerxética , "Concello de Santiago de Compostela "

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico acaba de conceder 3.613.586,17 euros de fondos Next Generation ao "Proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago. Entre o Sar e o Sarela", que contempla cinco actuacións: o barrio verde de Pontepedriña, a lagoa do Auditorio, o xardín botánico, a lagoa de Cornes, e a renaturalización do monte do Viso. Todas elas reciben financiación, segundo destacou o alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo, quen incidiu na importancia do proxecto para Compostela.

Etiquetas:
novas , NEXT GENERATION , anel verde , fondos , Santiago de Compostela , consolidación , paisaxe e biodiversidade

Hoxe clausuráronse as xornadas "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade", promovidas polo Grupo de Cidades Patrimonio e patrocinadas polo Ministerio de Cultura. En representación de Santiago, nas xornadas participou a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, xunto a un amplo elenco de expertos e representantes das 15 Cidades Patrimonio.

Etiquetas:
novas , cidades patrimonio , Segovia , vivenda , rehabilitación , sustentabilidade , urbana

Promovidas polo Grupo de Cidades Patrimonio e patrocinadas polo Ministerio de Cultura, estas xornadas celébranse os días 24 e 25 de abril na Casa da Lectura-Biblioteca Municipal, baixo o título "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade". A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou nunha mesa de debate sobre a accesibilidade nas cidades históricas, no que compartiu a experiencia de Santiago.

Etiquetas:
novas , cidades patrimonio , sostenibilidade , turismo , rehabilitación

Neste último encontro temático, no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS, debateranse as problemáticas e retos da mobilidade no medio rural e na área metropolitana. Trátase do cuarto encontro tras tres citas nas que se trataron temas como a mobilidade de peóns, bicibletas e VMP, o trasporte público ou o tráfico e estacionamento na cidade, e se desenvolverá en formato telemático a partir das 10.00 h.

Etiquetas:
novas , mobilidade , PMUS , encontro , rural , área metropolitana

 A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar, este luns, a licitación do "Proxecto básico e de execución da reforma da Praza de Abastos", que conta cun orzamento base de licitación de 518.710,53 euros, IVE engadido. O proxecto contempla actuar sobre as marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central.

Etiquetas:
novas , reforma , Licitación , Mercado de Abastos

O ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago continúa a súa andaina coa terceira sesión. Desta volta, centrarase na temática do Cambio Climático e a Resiliencia. A cita terá lugar o vindeiro martes 25 de abril entre as 10.00 e as 12.00 horas no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). A asistencia é de balde, previa inscrición a través do seguinte formulario en liña.

Etiquetas:
novas , Encontro Emprendedores , terceiro , cambio climático , resiliencia , Mercado Galego da Creatividade , AXENDA URBANA 2030

A vindeira semana, do 24 ao 28 de abril, en horario de 15:30 a 19:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, nas súas instalacións sitas no Polígono de Costa Vella. R/ República Checa nº 40, o programa:

"BOOTCAMP DE EMPRENDEMENTO: Leva a túa idea ao seguinte nivel!"

 

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking , Bootcamp , emprendemento