• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O xoves 3, o venres 4 e sábado 5 de xuño de 2021 terá lugar en distintos barrios de Santiago a festa do comercio local Prima 21, dentro da campaña de promoción comercial Eu merco aquí, un evento que xorde con vocación de continuidade, co fin de consolidar unha festa do comercio en primavera. O alcalde, o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños; os voceiros do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, e do BNG, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra, visitaron as principais rúas comerciais do Ensanche e da Zona Vella.

Etiquetas:
novas , hostelería , comercio , industrias culturais , COVID-19 , RESTAURACIÓN

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na apertura das xornadas de Industria de Maker Faire, adicadas ás temáticas da dixitalización, a biotecnoloxía e os videoxogos. O rexedor destacou que as crises "supoñen un espazo de oportunidade que debemos aproveitar". Agradeceu o papel de "todas as persoas que fan posibles estas xornadas" a animou a todos os participantes sinalando que "o futuro está aquí, e é noso".

Etiquetas:
novas

O Consello de Ministros, na súa reunión de hoxe, autorizou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a licitar, a través de Adif Alta Velocidade, o contrato de obras de execución do proxecto construtivo do novo edificio de viaxeiros da estación de Santiago de Compostela, por un valor estimado de 27.758.103,41 euros (IVE non incluído). Una nova que o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu con satisfacción.

Etiquetas:
novas , AXENDA URBANA 2030 , ODS

Despois do éxito da edición en liña celebrada o pasado novembro, a organización aposta por repetir formato, potenciando así o foco internacional. Ademais de contar con máis de 60 proxectos de 7 países diferentes, a poucas horas desta nova edición, os datos de inscricións multiplican por catro os da edición anterior, polo que se espera unha alta participación. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou na rolda de prensa, que se celebrou de forma telemática.

Etiquetas:
novas , emprendemento , compostela móvese , ciencia , empresas , innovación , APD , XUNTA , MAKER FAIRE GALICIA , MAKERS , FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA

Na sesión ordinaria de maio, o Pleno do Concello aprobou por unanimidade a declaración de interese xeral municipal do proxecto do Centro de servizos innovadores para empresas biotecnolóxicas (CSIEB) promovido por Sionlla Biotech, sociedade limitada integrada por Uninova, a Cámara de Comercio e a Asociación de Empresarios do Tambre.

Etiquetas:
novas , emprendemento , compostela móvese , innovación , biotecnoloxía , Sionlla , UNINOVA
  • Hoxe realizouse o seminario de presentación do programa do programa Olympe Emprende, programa de emprendemento feminino de proxectos con valores e principios da economía social.
  • O prazo de inscrición remata o 4 de xuño de 2021.
Etiquetas:
novas , esocial_novas , emprendemento , Economía Social , eusumo , muller , emprendedoras

Resumo  elaborado polo Servizo de Apoio á  Empresa do Concello de Santiago do “Real Decreto-lei 11/2021, de 27 de maio, sobre medidas urxentes para a defensa do emprego, a reactivación económica e a protección dos traballadores autónomos.

Etiquetas:
novas , Economía Social , empresas , mercados , turismo , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro contará con 14 rutas internacionais directas nos meses centrais de verán, recuperando case plenamente a operativa internacional do aeroporto previa a Covid-19. Con estas rutas xa cargadas á venda, seis compañías ofertarán unha ampla conectividade internacional, que permitirá comezar a reactivación turística dos principais mercados europeos na cidade

Etiquetas:
novas , turismo , COVID19 , AEROPORTO

Hoxe, día 8 de xuño de 2021, publícase a Resolución do Concelleiro de Turismo Relativa á Publicación de Listaxes de Solicitudes Recibidas e Requerimentos de Subsanación da “CONVOCATORIA  DE  AXUDAS  PARA  O  RESCATE  DA  RESTAURACIÓN, HOSPEDAXE E TURISMO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021”.

Etiquetas:
novas , axudas , hostelería , comercio , COVID-19 , RESTAURACIÓN

  O programa, que forma parte do Plan de Reactivación Económica e Social PRESS do Concello de Santiago, foi presentado esta mañá polo alcalde, polas técnicas de proxectos da empresa Implictum, Raquel Piñeiro e Tania Aira, encargadas do seu desenvolvemento, e pola técnica do departamento de Promoción Económica, Carme Casado.

Etiquetas:
novas , hostelería , comercio , industrias culturais , COVID-19 , RESTAURACIÓN