O Consello de Ministros. na súa xuntanza de 09/06/2020, aprobou o Real-Decreto-ley 21/2020, o cal, entre outras disposicións, regula o mantemento, unha vez rematado o estado de alarma, de determinadas medidas de prevención e hixiene.
- O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou este martes as bases da Convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá, integradas no Plan de Reactivación do Sector Turístico, que conta con tres eixes estratéxicos: avaliación da actual situación, accións dirixidas a captación de turismo, e axudas ao sector como as desta convocatoria, á que o Concello de Santiago destina 100.000 euros, ampliables noutros 300.000 en función da demanda.
- Segundo explicou Sindo Guinarte, a principal finalidade destas subvencións é fomentar a innovación na restauración e hospedaxe de Santiago, como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial e facilitar a adaptación ao novo contexto económico derivado da COVID-19.
A Xunta destina 16 millóns de euros á nova liña de axudas destinada aos sectores do comercio, o turismo, os servizos e o transporte para facilitar a súa volta á actividade achegando a máxima confianza aos consumidores no novo contexto económico.
A Xunta de Goberno Local, reunida de urxencia, aprobou un expediente de modificación de crédito, por un importe de 100.000 euros, co obxectivo de dar cobertura á convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e da hospedaxe de Santiago de Compostela.
O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago facilitarán que 200 establecementos comerciais da cidade poidan acceder ao selo "Comercio de confianza", impulsado pola Cámara de Comercio de España e a Secretaría de Estado de Comercio. En virtude desta colaboración, o Concello sufragará á Cámara o custo dos selos (50 euros) para os 200 primeiros comercios que soliciten e obteñan este selo.
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza un webminar informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago, no marco das actividades de colaboración conveniadas co Concello de Santiago e co obxectivo de mellorar o coñecemento das liñas municipais de axudas postas en marcha a raíz da crise do COVID-19. A cita é este xoves, ás 11:00 horas, e contará coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo
A Xunta de Goberno, en sesión extraordinaria, aprobou tres das convocatorias previstas para o apoio ao comercio previstas no Plan Marco de Reactivación Económica. Trátase de axudas para o pago de xuros en operacións de crédito, para a mellora e innovación do comercio local e para cheques de consultoría. En total, as tres liñas suman un crédito inicial de 410.000 euros, ampliable ata o millón de euros. As solicitudes deberán realizarse no prazo de 20 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, participou hoxe na mesa inaugural das xornadas de educación de Maker Faire. Destacou que esta feira é "un exemplo do afianzamento do papel das novas tecnoloxías como canle de transmisión de accións formativas", unha tendencia que engade, "se incrementou coas restriccións impostas a raíz do confinamento".
Este programa, que foi presentado polo alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo e a responsable de Relacións institucionais da Unión de Cooperativas EspazoCoop, forma parte do Plan de Reactivación Económica e Social PRESS do Concello de Santiago.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, agarda que se poidan atender todas as solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria do PRESS, o Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago, tanto as do sector comercial como as do hostaleiro e turístico.







