• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Segundo datos do Concello, en Barcelona hai 9.657 vivendas de uso turístico legais que ofrecen preto de 59.000 prazas de aloxamento na cidade. Para garantir a convivencia das persoas que visitas a cidade caos residentes coas que comparten leira ou barrio, un equipo xestionará os conflitos que poidan producirse. Este equipo de mediación constará de catro persoas que acudirán ás leiras onde se rexistraron denuncias e aplicarán ferramentas de mediación coa veciñanza e as persoas visitantes. Esta mediación será complementaria das actuacións administrativas que correspondan.

Etiquetas:
novas , economía , turismo , compartida , indicencias , veciñanza , residencia , convivencia

O Cable Inglés nace coa idea de dar resposta ás demandas culturais dun xeito integral. Fundada por tres mulleres en 2012, o obxectivo é propoñer solucións a medida, capaces de integrar cantos servizos sexan precisos para levar a bo termo cada experiencia cultural, xuntando as experiencias de tres profesionais especializadas en xestión, produción, deseño e comunicación.

O Cable inglés ofrece servizos de xestión cultural, deseño e comunicación dun xeito integral, desenvolvendo proxectos culturais sostibles e implicados co territorio e cos seus habitantes.

Funciona como unha cooperativa cultural de traballo asociado, onde cada unha das socias fundadoras aporta a súa experiencia nos eidos do deseño, a xestión, a produción e a comunicación; complementando esta bagaxe con achegas de socios colaboradores.

A cooperativa foi galardoada en xullo de 2013 co Premio aos Valores Cooperativos concedido polo Consello Galego de Cooperativas.

Etiquetas:
novas , Economía Social , compostela móvese , emprender , cooperativas , creatividade , cultura

Entrepedras é un bar/ restaurante, que naceu como un proxecto destinado a ofrecer en Compostela cociña vexetariana e vegana a prezos económicos, nun bo ambiente e no que todo o mundo se puidese sentir coma na propia casa.

Lucía Eiras, unha das emprendedoras que forma parte da cooperativa Entrepedras exporá a súa visión sobre da economía social no sector da hostelería.

 

Etiquetas:
novas , Economía Social , compostela móvese , emprender , cooperativas , participación , hostelería , Entrepedras

A crecente demanda de transporte urbano de alta calidade e baixo custo leva a máis de 15 anos de aumentos sostidos no número de usuarios dos sistemas de transporte público.

Etiquetas:
novas , sustentabilidade , mobilidade , transporte , multimodalidade , autobús

Neste primeiro almorzo participaron 20 persoas pertencentes á distintas cooperativas e sociedades laborais da área de Compostela, asociacións de cooperativas de ámbito galego como AGACA e representantes de outra modalidades de economía social como as empresas de inserción laboral.

 

Etiquetas:
novas , Economía Social , compostela móvese , emprender , cooperativas , participación

O pasado venres celebrouse en Santiago a cuarta edición do evento O mundo que ven que congregou na nosa cidade a un grande número de persoas con responsabilidades directivas, chegadas de todos os puntos da xeografía galega.

Alejando Alvargonzález, secretario xeral adxunto para asuntos políticos e de seguridade da OTAN, destacou que a manipulación informativa é unha das grandes ameazas ao noso nivel de vida, posto que da manipulación e da mentira á radicalización tan só hai unha feble barreira.

Etiquetas:
novas

Se durante os últimos anos viuse percorrer o camiño inverso, con comerciantes tradicionais despregando a súa estratexia en liña para subirse ao tren dixital, agora vemos como algúns cibercomercios tamén queren ter presenza no mundo físico. É que o paso do tempo está a demostrar que o comercio electrónico e a tenda son complementarios e non autoexcluintes porque non deixan de ser etapas na relación do cliente cunha marca.

Etiquetas:
novas

Barcelona recibe cada día miles de visitantes que non pernoitan na cidade senón en municipios próximos, ata 100 quilómetros mesmo. Algúns chegan en coche propio; ou en metro desde as veciñas L'Hospitalet ou Badalona; outros veñen en tren desde Sitges, Calella, etc; e un importante número de excursionistas chega tamén en autocares fretados por axencias de viaxes e turoperadores. O Concello de Barcelona atopou unha fórmula para que estes últimos comecen a pagar unha taxa turística. A fórmula non é outra que obrigar aos devanditos autocares a obter unha autorización especial para circular e estacionar por Barcelona, previo pago dunha taxa.

Etiquetas:
novas

O Teatro Nacional do Reino Unido presentará por primeira vez lentes intelixentes que proporcionar subtítulos para espectáculos en vivo, deseñados para persoas con dificultades auditivas. As lentes usan software de realidade aumentada para seguir o guión da obra e o discurso dos actores para facer coincidir os subtítulos co que se di en tempo real. As lentes lanzaranse en outubro de 2018.

Etiquetas:
novas

Nos últimos anos, a innovación agrícola deu como resultado novas e prometedoras formas de aumentar a produtividade, desde solucións móbiles ata os drons que poden analizar o chan e monitorear a saúde dos cultivos. Mais existe unha necesidade urxente de aumentar os investimentos en I+D pra cubrir as necesidades futuras. As Nacións Unidas estiman que para 2050, a poboación mundial alcanzará o 9,7 mil millóns. Asegurar unha subministración adecuada de alimentos requirirá un aumento do 70 por cento na produción agrícola nos próximos 30 anos. Estes números presentan ao sector agrícola mundial cunha tarefa desalentadora, especialmente cando se combinan cos efectos do cambio climático e a escaseza de recursos. Hoxe en día, nalgunhas partes de África e o Medio Oriente, millóns de persoas están ao bordo da fame negra.

Etiquetas:
novas , etiqueta1 , eiqueta2 , etiqueta3