• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Universidade de Santiago de Compostela obtén dous dos tres premios convocados pola Real Academia Galega de Ciencias para recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo.

Etiquetas:
novas , transferencia , tecnoloxía , innovación , universidade , coñecemento , I+D+i

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participou No Congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local" (REDEL) sobre a aplicación de novos modelos económicos ao eido local. O Congreso está dirixido a todas as entidades e profesionais que traballan por e para o desenvolvemento local, dende o ámbito público e privado, co obxectivo de analizar tendencias e compartir coñecemento e experiencias que se están a realizar nos municipios e comarcas participantes.

Etiquetas:
novas , Economía Social , emprender , desenvolvemento local , redes , cidades , economía circular

O próximo 28 de novembro celebrarase o II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo no edificio municipal Cersia Empresa. O obxectivo do Concello de Santiago con este encontro é dar a coñecer e recoñecer o traballo de empresas cooperativas con valores sostibles, igualitarios e solidarios, dando visibilidade ás entidades que aparecen no Catálogo de Economía Social en Santiago de Compostela, realizado o ano pasado.

Etiquetas:
novas , Economía Social , compostela móvese , emprender , cooperativas , participación

A economía cíclica, a democracia directa, a xestión colectiva dos bens comúns... moitas das ferramentas dos novos movementos sociais teñen a súa orixe no mundo rural.

Etiquetas:
novas , Economía Social; lixo; sustentabilidade; rural; social

O informe destaca unha aceleración da transición enerxética, detrás da cal estarían as tecnoloxías renovables, que están a revolucionar os mercados por xunto de electricidade, o cal á súa vez está a obrigar ás grandes compañías eléctricas a redefinir as súas estratexias.

Etiquetas:
novas , enerxía , renovables , mercado

Premios económicos por valor de 11.000 euros e a posibilidade de beneficiarse durante seis meses dos servizos de  Emprendia permitirán aos seis grupos gañadores do  XVI Concurso de  Proxectos  Empresariais Innovadores da USC afianzarse como empresas e poñer os seus avances ao servizo da sociedade. 

Etiquetas:
novas , emprendemento , tecnoloxía , universidade

 

O forno dos soños é unha proposta que surxe dun curso de emprendemento do Concello de Santiago de Compostela celebrado no CERSIA Empresa. Promovida por 7 persoas forneiras con 7 soños que queren a través desta proposta contaxiar do seu espíritu de ilusión e esforzo á maior cantidade de xente posible.

 

Etiquetas:
novas , O Forno dos soños , Economía Social , compostela móvese , emprender , participación

 

Feiroría Verde é unha cooperativa formada por catro mulleres, que entende a educación ambiental como unha ferramenta imprescindible na sensibilización e participación activa tanto no urbano coma no rural.

Como axentes de dinamización social, pretenden potenciar a capacidade de participación das persoas e colectivos, mellorando así a relación co medio ambiente. Conciben a educación ambiental como unha ferramenta para a participación, aprendizaxe mutua, intercambio de experiencias e valorización de recursos e prácticas endóxenas e innovadoras.

A Cooperativa aposta por unha economía social propiciatoria de melloras ambientais, que procura sinerxías e complementariedades entre proxectos e empresas. O seu obxectivo final é o de propiciar cambios sociais que melloren a percepción e actitude sobre o medio ambiente, integrando criterios éticos e de profesionalidade.

Etiquetas:
novas , Economía Social , cooperativas , II Foro de Economía Social

Dos 10 países europeos incluídos no estudo, España é onde máis diñeiro destinarán as familias ao Nadal. Eses 633 euros, un 3,3% máis que os 612 euros de 2016, están moi por encima da media (445 euros). Só Reino Unido, con 614 euros, achégase ao gasto español,

Etiquetas:
novas , consumo , comercio , Nadal , gasto , familias

A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou a terceira edición da Maker Faire Galicia, acompañada da organizadora do evento, Matilde Rodríguez. A Maker Faire Galicia, escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas, celebrarase do 24 ao 26 de novembro na Cidade da Cultura.

Etiquetas:
novas , emprender , innovación , maker , hackerspace , fablab , artesanía , Do-It-Yourself , Do-It-Together