• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Hoxe comeza a sétima edición da Maker Faire Galicia, 100% en liña, 100% gratuíta e máis global que nunca

Sánchez Bugallo salientou que, a pesar de todo o negativo que supuxo a pandemia, trouxo consigo algún "elemento positivo". Sinalou o rexedor que "todos os grandes desastres supoñen a aceleración de determinados cambios e necesidades que xa estaban aí pero que aceleran a súa evolución. Neste caso, a dixitalización, a innovación, a cultura do emprendemento eran o camiño que había que seguir pero neste proceso sufriron un acelerón enorme".

A Cámara e o Concello de Santiago asinan un acordo para organizar conxuntamente actuacións destinadas a fomentar o emprendemento e a internacionalización

Ambas entidades ofrecerán conxuntamente servizos de información, asesoramento e titorización de proxectos empresariais para contribuír á posta en marcha de novas actividades empresariais, incidindo de modo especial na súa sustentabilidade e competitividade ao longo tempo. Desenvolveranse actuacións destinadas a emprender e xestar ideas empresariais, a desenvolver e crear estas empresas e finalmente procurar a súa consolidación. Ademais, inclúese un apartado destinado a organizar accións enfocadas á transmisión e cese da actividade empresarial. 

A escasez de auga podería afectar a 5.000 millóns de persoas en 2050

E non estamos a facer o suficiente para resolver ese problema. A solución poida que non sexa enteiramente tecnolóxica. Aínda que as innovacións en aspectos como a rega e a desalinización axudarán a entregar auga a algunhas persoas, a UNESCO argumenta que os métodos naturais que reteñen auga nos chans poderían axudar a protexer a 1.700 millóns de persoas da escaseza de auga.

CEPES lanza dúas novas convocatorias de axudas do Fondo Social Europeo

A primeira, cunha dotación de 10,9 millóns de euros, é a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas de Economía Social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades de Economía Social ou á mellora da competitividade e apoio á consolidación empresarial das mesmas.

O pequeno comercio busca o seu oco en internet

Este é o caso de Kukadas, un pequeno comercio de agasallos que naceu fai escasos tres anos nunha pequena localidade galega e que este ano se alzou co premio nacional en mellor Estratexia Dixital en tendas en liña, nos premios do Día da internet, superando así a candidatura de grandes e notables multinacionais.

O Concello oferta 4.000 novas prazas de formación, a maioría a través de mobile learning, nunha aposta pioneira pola aprendizaxe a través de dispositivos móbiles

As distintas accións formativas, centradas nas tendencias profesionais máis demandadas do mercado laboral, divídense en tres grandes bloques de especialización e aprendizaxe: "Idiomas, comunicarse nunha cidade cosmopolita", "Habilidades e actitudes. Medrar e liderar o cambio dixital e persoal" e "Competencias profesionais, é momento de reinventarse". Durante a comparecencia, o alcalde destacou "a aposta sen precedentes por potenciar o talento e a recalificación profesional online para combater as secuelas da COVID-19, despois do éxito da anterior convocatoria formativa".