• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Orde do 22 febreiro 2021 pola que se establecen bases reguladoras do Programa II Outras actividades pechadas .Programa II

DOG Nº 36 do 23/02/2021

Beneficiarias.-

Poderán ser persoas beneficiarias as persoas traballadoras autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria.da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I desta orde.

Extracto da Orde do 22 de febreiro 2021 establecen bases reguladoras do Programa I Hostalaría de apoio ao sector da Hostalaría

DOG Nº 36 do 23/02/2021

Beneficiarias.-

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes do sector de hostalaría, e tamén se consideran dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos na orde.

Extracto da Resolución do 17 febreiro 2021 acorda a ampliación do prazo para presentación de solicitudes pola que se aproban e se publican as bases da II Edición dos Premios de Innovación en saúde 2020

DOG Nº 35 do 22/02/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

Extracto da R. do 18 febreiro 2021 pola que se modifica a do 26 novembro 2020 pola que se apoban bases das axudas instalación,reforma a adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración ...

DOG Nº 35 do 22/02/2021

Concorrencia non competitiva

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Extracto da Resolución do 15 febrero 2021 se establecen bases reguladoras para a concesión de subvencións ás axencias de viaxes ano 2021 .-

DOG Nº 34 do 19/02/2021

Persoas beneficiarias.-

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as axencias de viaxes, entendendo por tales as empresas turísticas descritas no artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, tanto na súa categoría de grosistas, retallistas e grosistas-retallistas, que teñan o seu domicilio social ou fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución do 9 febreiro 2021 pola que se establecen as condicións xerais do programa Ignicia proba de concepto ano 2021

DOG Nº 34 do 19/02/2021

 Fases do programa

O programa Ignicia proba de concepto estrutúrase en tres fases:

I. Fase de maduración.

II. Fase de investimento.

III. Fase de seguimento.

Beneficiarios.-

Poderán ser promotores de proxectos e participar na presente convocatoria os organismos de investigación e difusión de coñecementos (públicos e/ou privados sen ánimo de lucro) con centros de traballo en Galicia.

Extracto da R. do 3 febreiro 2021 establecen bases das axudas para o apoio de proxectos piloto,desenvolvemento de novos produtos ,prácticas procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal ano 2021

DOG Nº 33 do 18/02/2021

Beneficiarios.-

1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente resolución:

a) Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades directamente vinculadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura.

b) Persoas físicas ou xurídicas primeiras transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

Extracto da Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19

DOG Nº 33 do 18/02/2021

 Persoas beneficiarias.-

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes, conforme o indicado no artigo 29, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de polo menos o 45 %.

Extracto da Orde do 17 febreiro 2021 establecen bases do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise do COVID19

DOG Nº 33 do 18/02/2021

Poderán ser beneficiaras das axudas reguladas nesta orde:

1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que tivesen unha alta anterior ao 30 de marzo de 2020 e que acrediten unha baixada de facturación de polo menos o 45 % nos termos establecidos no artigo 19.3.

Bases reguladoras do programa de subvencións a empresas audiovisuais para apoiar a distribución ,comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia da Coruña 2021

BOP Nº 31 do 17/02/2021

As actividades obxecto deste programa deben realizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de marzo de 2022.

Para poderen optar á subvención, os produtos audiovisuais terán que cumprir, como mínimo, os requisitos seguintes:

· Seren actividades de distribución/estrea/comercialización de producións audiovisuais en VO Galega, VOSG (subtitulado ao galego) ou versión con dobraxe ao galego.