• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria do P. de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias,labregas,gandeiras ,forestais e asociacións de cazadores provoncia A Coruña para investimentos ano 2021

BOP Nº 47 do 11/03/2021

Solicitantes.-

  • Cooperativas agrarias, sociedades agrarias de transformación, comunidades de montes en man común e asociacións de cazadores. -
  • Asociacións agrarias, labregas, gandeiras, forestais, asociacións de cazadores, sen ánimo de lucro -
  • Asociacións, agrupación de asociacións e federacións das anteriores entidades

  Prazo da convocatoria FO028B/2021.-

Extracto da Resolución número 2021/7341, do 02 de marzo de 2021, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria das liñas de axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2021)

BOP Nº 46 do 10/03/2021

–Beneficiarios.-

Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os requisitos xerais e específicos para cada unha das liñas.

Bases reguladoras.-

Extracto da R. do 11 marzo2021 modifica R. do 3 febreiro 2021 establecen bases concesión subvencións a entidades organizadoras de congresos,seminarios, convencións ,incentivos... relativo turismo reunións de Galicia

DOG Nº 49 do 12/03/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Extracto da resolución do 24 febreiro de 2021 establecen bases de subvencións a salas artes escénicas de titularidade privada ano 2021

DOG Nº 47 do 10/03/2021

Persoas beneficiarias

Poderán acceder as axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 150 localidades, que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2021, debendo probar a dispoñibilidade da sala mediante copia de escritura, contrato de alugueiro ou calquera documento válido en dereito, así como estar en posesión da licenza de apertura para a cal solicita a axuda e que realizaran un mínimo de 30 representacións no ano 2020.

Extracto da resolución da Secretaria Estado Transportes pola que se convocan axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade en 2021

BOE Nº 61 do 12/03/2021

Beneficiarios:
Transportistas autónomos por estrada.

Contía:
Contía máxima: 9.690.000 € distribuídos entre un importe máximo de 9.540.000
€ repartidos entre os beneficiarios resultantes recollidos na
Resolución de outorgamento, e un importe máximo de 150.000 € para pagar os
potenciais recursos  estimatorios interpostos contra a devandita Resolución.

Prazo de presentación de solicitudes:
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da
convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

Extracto da R. do 23/02/2021 establecen bases subvencións ás asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades sen ánimo lucro finalidade promoción do Camiño e a súa peregrinación

DOG Nº 45 do 08/03/2021

Persoas beneficiarias.-

1. Poderán solicitar as axudas as asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, legalmente constituídas, e que teñan como obxecto principal o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.

Extracto da resolución do 26 febreiro 2021 amplia prazo presentación solicitudes subvencións para a extensión redes telefonia móbil núcleos rurais e illados

DOG Nº 45 do 08/03/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto de ampliación do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Resolución do 24/02/2021 modifica a do 21/01/2021 aproban bases concesión subvencións desenvolvemento proxectos p.musical salas privadas habilitadas organizar espectáculos musicais...

DOG Nº 44 do 05/03/2021

Por estes motivos, a Axencia Galega das Industrias Culturais considera necesaria a modificación da convocatoria do ano 2021 das subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021.