Cunha crecente competencia mundial pola proteína vexetal, o descenso do cultivo de leguminosas en España e en Europa agrava o déficit de abastecemento da demanda interna, tendo unha galopante dependencia das importacións, particularmente de soia, o cal supón un grave risco para a nosa balanza de pagos, ten efectos prexudiciais para o medio ambiente e, o que é máis grave, supón un risco de seguridade alimentaria, afectando á competitividade e sustentabilidade da cadea de alimentación animal pola súa situación de dependencia externa e poñendo á nosa industria cárnica en mans das oscilacións do prezo internacional da soia.
Quizais agora é o momento no que a compra de frescos en liña vai desmarcar.
- O Concello de Santiago, co obxectivo de aliviar a carga fiscal das familias e empresas compostelás, adoptou un abano de medidas das que deu conta o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo despois da Xunta de Goberno. As propostas están relacionadas co IBI, coa taxa de lixo, e coa taxa de dominio público por mesas e cadeiras, e cos prezos públicos das escolas infantís e da Escola Municipal de Música. Tamén se acordou, mentres dura o estado de alarma, non cobrar os recibos das escolas infantís municipais e da Escola Municipal de Música, que continúa co servizo on-line.
- Ademais, deuse orde de continuidade a distintas empresas que prestan servizos ao Concello garantindo así a prestación do servizo e a continuidade do emprego.
- Garántese así a continuidade da prestación dos servizos e o mantemento do emprego.
- A Xunta de Goberno Local celebrou este mércores unha sesión extraordinaria, na que avaliou a crise sanitaria do COVID-19 e na que se adoptaron diversos acordos de validación de contratos de emerxencia en relación a esta situación.
- Entre eles, ratificáronse os contratos de subministración de produtos de alimentación e de hixiene básica con varios supermercados da cidade. Deste xeito, as familias que o precisen poden facer uso destes tíckets especiais de compra nos establecementos adheridos a esta campaña de emerxencia, que estarán debidamente identificados. As persoas que o precisen poden obter estes tíckets chamando ao teléfono 010
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou hoxe varios acordos para facer fronte a crise económica provocada polo COVID19, entre eles a gratuidade, a partir de mañá martes, de todas as zonas ORA do termo municipal, excepto os aparcamentos situados na contorna da Praza de Abastos. En total manteranse, explicou, 101 prazas de pago, 17 delas de uso compartido para carga e descarga, nas zonas de Virxe da Cerca, Travesía da Universidade, Fonte Seca, Entrepraciñas, praza da Universidade, Mazarelos e San Fiz de Solovio.
Compilación informativa sobre as medidas económicas extraordinarias tomadas ante a crise do COVID-19
Compílanse no seguinte artigo guías e artigos informativos de fontes oficiais que poden ser de utilidade para persoas traballadoras, empresariado e persoas autónomas.
- Actualizado a 18 de maio de 2020:
- Orde SND/414/2020, de 16 de maio, para a flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade publicada no BOP de 16 de maio de 2020.
- Orde SND/413/2020, de 15 de maio, pola que se establecen medidas especiais para a inspección técnica de vehículos publicada no BOP de 16 de maio de 2020.
Recomendamos consultar tamén o espazo informativo habilitado polo Concello de Santiago sobre a situación xeral actual da COVID-19 e máis apartado de CONVOCATORIAS desta web.
Pódese consultar nesta nova a documentación oficial publicada polo Goberno Estatal sobre medidas relativas a transporte e mobilidade.
Orden SND/307/2020, 30 de marzo, pola que se establecen os criterios interpretativos para a aplicación do Real Decreto-lei 10/2020, de 29 de marzo, e o modelo de declaración responsable para facilitar os traxectos precisos entre o lugar de residencia e o de traballo.
Pódese consultar nesta nova a documentación oficial publicada polo Goberno Estatal sobre a batería de medidas económicas tomadas en relación a crise do COVID19:
Actualizada a 1 de abril de 2020:
Comunicado do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, á veciñanza de Santiago, por mor da crise do coronavirus:







