• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha xuntanza coas asociacións de comerciantes Compostela Monumental, Fundación Santiago Centro, Em-Rede e Comercio Punto Compostela co obxectivo de "preparar a convocatoria da primeira axuda de 600.000 euros" destinada a financiar o gasto corrente dos negocios que se acollan a ela.

Etiquetas:
novas , Economía Social , empresas , comercio , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas; estará pechado os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro; e só abrirá pola mañá o día 31 de decembro. Como novidade, nas últimas dúas quendas este ano o Mercado esténdese tamén a Área Central, polo que a opción será dobre entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro.

Etiquetas:
novas , comercio , Nadal , COVID-19 , MERCADO DE NADAL

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, que asistiu de forma telemática, clausuraron o foro Talentia 2020, poñendo o broche final a unha edición especial marcada pola virtualidade a causa da pandemia. No acto tamén estivo presente o reitor da USC, Antonio López.

Etiquetas:
novas , emprego , COVID19 , teletraballo , TALENTIA

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a listaxe empresas beneficiarias da "convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá. Plan de reactivación do sector turístico COVID19"

Etiquetas:
novas , Economía Social , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

Na sesión ordinaria do mes de novembro, o Pleno da Corporación aprobou o PACES, o Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable, que busca diminuír nun 40%, como mínimo, as emisións de gases de efecto invernadoiro de aquí a 2030. Tamén se aprobaron por unanimidade dúas mocións para apoiar o comercio de proximidade e fomentar a compra de produtos galegos; e para iluminar o tramo de estrada que une Pazos coa Igrexa de Figueiras.

Etiquetas:
novas , PACES , AXENDA URBANA 2030

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto principal do Concello de Santiago con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Corporación presidiu esta cerimonia, na que se leu un manifesto institucional no que se destacou, especialmente, o agravamento da situación de desigualdade a causa das consecuencias socioeconómicas derivadas da COVID19.

Etiquetas:
novas , esocial_novas , Economía Social , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19 , makerfairegalicia

Hoxe presentouse Biolumen, o proxecto de CPI (Compra Pública de Innovación) de Smartiago, que ten como obxetivo o desenvolvemento e implementación de sistemas de alumeado inovadores en edificios patrimoniais, que permitirán reducir o consumo enerxético nun 80% e influir no crecemento da biodiversidade sobre as súas fachadas. Este sistema de alumeado ornamental, pioneiro a nivel mundial, adxudicouse a un consorcio do que forman parte a empresa Televés, Ferrovial e a USC por un importe de 613.581 euros, IVE engadido, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Etiquetas:
novas , SMARTIAGO , COMPRA PÚBLICA INNOVADORA

A xornada "as axencias públicas de desenvolvemento ante o desafío transformador da COVID 19" celebrarase o 26 de novembro en formato telemático e terá cinco mesas de debate. Está organizada pola Axencia Municipal de Desenvolvemento de Ejea de los Caballeros, SOFEJEA, co financiamento de IAF e a colaboración de Rede Innpulso, Redel, Rede Arce e Rede Aragonesa de Desenvolvemento Rural. Nela participará a técnica de Promoción Económica do Concello, Carme Casado.

Etiquetas:
novas , Economía Social , empresas , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou as as bases do "Concurso de escaparates de Nadal 2020" que convoca o Departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, así como os gasto dos premios que ascenden a 11.000 euros. Establécense dous tipos de premios, os do xurado e os do público.

Etiquetas:
novas , empresas , comercio , mercados , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19

En Xunta de Goberno local extraordinaria, o Concello de Santiago vén de aprobar as bases que rexen as convocatorias das axudas aos sectores máis afectados polas medidas postas en marcha para conter a pandemia (o comercio, a hostalería e o sector da cultura), dentro do segundo plan de reactivación económica Compostela 2020

Etiquetas:
novas , empresas , hostelería , comercio , industrias culturais , desenvolvemento , emprendedores , autónomos , COVID-19 , RESTAURACIÓN , OCIO NOCTURANO