A Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela, oferta tres seminarios de "Dixitalización e venda por internet" dirixidos aos sectores da hostelería, comercio e empresas culturais; tres dos sectores que máis están a sufrir a crise económica derivada da crise sanitaria da COVID19.
Trala súa posta en marcha, o pasado 22 de xuño de 2020, esta tarde volveuse reunir o Consello Económico e Social, neste caso para dar conta dos traballos efectuados ata o momento polo equipo coordinado polos profesores Melchor Fernández e Dolores Riveiro.
Hoxe comezou o plan formativo do programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que desenvolve o Concello de Santiago e Espazo coop Unión de Cooperativas Galegas, co obxectivo de dotar ás cooperativas do municipio de servizos de apoio para superar a situación de crise económica creada pola pandemia da COVID19. Esta liña formativa impártese, ata o 15 de decembro, baixo o título "Dirixir en tempos de crise". Son 40 horas lectivas, nas que participan 27 persoas.
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a xustificación e pagamento das actividades do convenio de cooperación entre a Asociación Área Empresarial do Tambre e o Concello de Santiago de Compostela para fomentar e impulsar o desenvolvemento dun polo de biotecnoloxía e outros obxectivos marcados no pacto pola industrialización de Compostela no marco do Programa Compostela Móvese 2020 COVID-2019. En concreto, aprobouse a xustificación parcial e pagamento da subvención nominativa á entidade empresarial por importe de 27.010 euros.
O alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, visitou a "II Feira de outubro de emprendedoras de Compostela" que rematou hoxe. O rexedor achegouse ata a Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos, onde destacou que "é necesario apostar pola innovación e o emprendemento" e pór en valor "aquelo que nós temos, que nos permite competir en mellores condicións nunha economía aberta . O rexedro tamén lembrou a aposta do concello pola biotecnoloxía "onde a universidade de Santiago é punteira", polas novas tecnoloxías, e polo emprendemento social.
O 42% dos consumidores está decidido a realizar un consumo máis austero na etapa post pandemia sanitaria e despois de que os establecementos comerciais haxan volto a levantar a persiana. Esta austeridade xustifícase pola crise económica xerada pola paralización da economía, e que provocou un descenso do PIB no segundo trimestre do ano de máis do 18% en España, pero tamén por unha maior concienciación ambiental. Esta é a conclusión máis destacada do estudo que realizou Escodi.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este venres no Pazo de Fonseca ao acto de entrega da VII edición dos premios Argos – Creando equipos emprendedores, da USC. Esta convocatoria pretende conformar equipos interdisciplinares de persoas emprendedoras, ás que se lles facilita acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio, ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente
O Centro Empresarial do Tambre acolleu hoxe a reunión da Mesa Institucional do chamado "Acordo da Sionlla", á que asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago (USC), Vicente Pérez Muñuzuri; o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Carballo García; e o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET), José Fernández Alborés
Ata o 17 de xuño estará aberto o prazo para que autónomos e empresas de ata 10 traballadores/as poidan presentar as súas solicitudes de axudas para pagar os xuros das operacións financeiras que teñan subscrito. A convocatoria, incluída no Plan Marco de Reactivación Económica, está dotada cun orzamento de 100.000 euros, ampliables a 400.000 euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou a nova oferta de formación online, deseñada polo departamento de Emprego a través do programa Talentia Summit’20, dentro do Plan Marco de Reactivación Económica Compostela 2020, posto en marcha polo Concello de Santiago co obxectivo de mitigar os efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19. Son un total de 4.000 novas prazas, que se suman ás 1.500 lanzadas hai un mes, cubertas practicamente na súa totalidade. Esta convocatoria conta dúas importantes novidades. A primeira, a formación mobile learning, cunha serie de cursos, que suman 3.200 prazas, optimizados para facelos 100% dende o móbil e que teñen como obxectivo facilitar o acceso de máis persoas as actividades formativas. E a segunda, unha acción formativa sobre COVID-19, coñecementos que, presumiblemente, cada vez serán máis demandados en distintos sectores económicos, entre eles a hostalería e o comercio. O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende hoxe e ata esgotar as prazas.







