É innegable relación existente entre comercio de proximidade e mobilidade. Se nos barrios hai unha diversidade comercial que cobre as necesidades dos seus habitantes, estes non teñen a necesidade de coller o vehículo privado para desprazarse ata a periferia da gran urbe onde se concentra a oferta en grandes superficies que, moi a miúdo, a súa propiedade nada ten que ver co territorio.
O descubrimento emprendedor, metodoloxía suxerida pola Comisión Europea para determinar con éxito os ámbitos de especialización, aumenta o seu impacto se a expomos a nivel local.
As empresas galegas son máis optimistas que as do conxunto da Unión Europea de cara a 2018, segundo os resultados da Enquisa de Perspectivas Empresariais, elaborada o pasado mes de setembro por Eurocámaras que contou coa participación da Cámara de Comercio de Santiago. En total participaron máis de 50.000 empresas europeas, das que máis de 3.000 son españolas e 179 galegas.
Os valores sobre os que se constrúe a economía social contribúen a un crecemento innovador e integrador e, ademais, á creación dun emprego estable e de calidade, promovendo o progreso económico e social e axudando a crear unha sociedade máis equitativa.
O comercio electrónico crece de maneira indiscutible ao redor dos grandes operadores e corporacións que, con enormes orzamentos, concentran o tráfico e as vendas comerciantes polo miúdo na internet. Pero á súa vez, lonxe de converterse nunha ameaza, este crecemento do comercio electrónico pode ser unha oportunidade de desenvolvemento para os pequenos comercios, sempre que se estableza unha boa estratexia para atopar un pequeno oco na inmensidade da internet.
Durante moitos anos, as pinturas murais que hoxe en día coñecemos como grafitis estiveron asociadas ao vandalismo, polos que os artistas tiñan que traballar co medo para ser descubertos e verse obrigados a saír fuxindo. Co tempo, os grafitis pasaron a chamarse ‘street art' e volveron a demostrar o seu valor. Nas cidades, foron os responsables de revitalizar os barrios máis pobres; e nos pobos, foron capaces de arroxar luz e beleza a paredes envellecidas polo paso do tempo e o despoboamento.
O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, participou, vía telemática, na mesa inaugural das xornadas de industria de Maker Faire Galicia. O rexedor sinalou que o talento, a innovación, a economía circular, o medio ambiente e a dixitalización, son \"elementos claves que van definir o futuro\", e que marcarán o avance económico e tecnolóxico despois da crise sanitaria.
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro presentou o programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que desenvolverá o concello e Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas ata final de ano, co obxectivo de dotar ás cooperativas do municipio de servizos de apoio para superar a situación de crise económica creada pola pandemia da COVID19. Na presentación estivo acompañada da responsable de relacións institucionais da entidade, Mar Pernas
Innovación social no emprendemento é a temática escollida para a segunda edición da Feira de Outono de Emprendedoras de Compostela, unha iniciativa que conta coa colaboración da USC e que promove a Oficina de Promoción Económica do Concello, dependente da Alcaldía. O seu obxectivo é achegar á cidadanía as diferentes iniciativas da economía social lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na contorna máis próxima. O encontro celebrarase os días 30 e 31 de outubro en formato semipresencial. A parte presencial desenvolverase na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago e todo o evento será retransmitido en liña e en directo a través da canle de Youtube de Woman Emprende. O evento foi presentado esta mañá polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a viceirreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo.
A VI Maker Faire Galicia, unha das feiras maker máis importantes de Europa, e na que colabora o concello de Santiago de Compostela, desenvolverase este ano 100% online e contará por primeira vez cunha xornada destinada en exclusiva á educación. O novo formato permitirá que esta sexta edición da feira de innovación se poida seguir desde todo o mundo, o que permitirá fortalecer os valores diferencias da cita no referido ao coñecemento compartido e ao seu carácter interactivo.







